Muiño do Redondo 15

Muiño Magalofes

localización

Sobre o fito

Este muíño situado no lugar do Redondo foi restaurado pola Escola Obradoiro no ano 1998. Trátase dun muíño hidráulico, a canle para a auga está situada na súa parte posterior. Ademais a edificación estaba unicamente adicada a esa función contando con unha única planta situada nun desnivel que é utilizado para situar o inferno, o lugar no que se sitúa o enxeño mecánico que fai mover ás pedras de moer situadas na planta.