Fervenza e Fábrica de Luz 7

Paisaxe Sillobre

localización

Sobre o fito

Situado moi preto da fervenza do Belelle hai un conxunto de edificacións que forman parte da central hidráulica ás que se chega despois de cruzar unha ponte de pedra. A fábrica orixinal foi construída no ano 1901, pero na década dos oitenta do século XX foi reformada ata acadar a súa configuración actual. A fábrica consta de dous corpos, un deles lonxitudinal e que conta con dúas alturas e outro formado por unha torre de planta cadrada e que conta con tres alturas. Os seus muros son de carga de pedra, os seus paramentos están recebados e pintados de branco. As cubertas son a dúas augas no corpo lonxitudinal e a catro augas na torre.

Imaxes

Fervenza e Fábrica de Luz
  • Fervenza e Fábrica de Luz
  • Fervenza e Fábrica de Luz

Na rota

Anterior: Lugar de Marraxón

Seguinte: A Canle do Belelle